Castellano - Galego

VigoImpulsa

os desafios inmediatos post COVID 19

Para abordar os novos desafíos provocados polo COVID19 é prioritario garantir a saúde dos clientes e do noso persoal. Dende VigoImpulsa asesorámoste para que tomes as medidas adecuadas e ademáis axudámoste a reorganizar de forma eficiente os postos de traballo para adaptalos ao novo escenario.

Servizo no que se asesorará das medidas básicas necesarias que hai que ter en conta para adaptarse ao novo escenario post COVID, realizando un acompañamento na súa implantación para asegurar a saúde tanto de clientes como de empregados e, contando para elo con proveedores locais que suministran o equipamento básico (EPIs, paneis, mascarillas, gel,...)
RESULTADO:
Implantación das medidas post COVID
Servizo no que se asesorará e acompañará para reorganizar de forma eficiente os postos de traballo para adaptalos ao novo escenario
RESULTADO:
Postos de traballo organizados e adaptados á nova situación

as necesidades financeiras a curto prazo

Dende VigoImpulsa asesorámoste para tratar de solucionar as necesidades financeiras a curto prazo, a través do asesoramento sobre recursos para a financiación, apoio para a renegociación dos produtos financeiros e asesoramento para negociar con provedores e clientes. Ademais, podemos axudarte a implantar unha ferramenta de tesourería que te permita realizar un seguimento áxil e efectivo dos estados de caixa.

Servizo de asesoramento no ámbito financeiro para tratar de solucionar as necesidades financeiras a curto prazo, a través do asesoramento sobre recursos para a financiación, apoio para a renegociación dos produtos financeiros e asesoramento para negociar con provedores e clientes
RESULTADO:
Solucións á falta de liquidez a curto prazo
Servizo para desenvolver de forma sinxela unha ferramenta que permita realizar un seguimento áxil e efectivo dos seus estados de caixa (folla de cálculo)
RESULTADO:
Implantación ferramenta de tesourería

servizos para adaptarte ao novo contexto

ADAPTACIÓN DO TEU NEGOCIO:

O novo escenario económico e social fai que teñamos que reformular o noso negocio. Dende VigoImpulsa axudámoste a identificar novas gamas de produtos/servizos, novas liñas alternativas ou novas canles de venda/distribución que respondan a novas necesidades

Servizo para identificar novas gamas de produtos/servizos adaptados ao no novo escenario post COVID ou novos segmentos de clientes
RESULTADO:
Novas gamas de produtos/servizos ou novos segmentos de clientes identificados
Servizo para identificar novas liñas de negocio que xeren formas de ingresos alternativas ou complementarias
RESULTADO:
Novas liñas de negocio identificadas
Servizo para identificar novos canles de venda ou distribución, alternativos aos actuais
RESULTADO:
Novos canles de venda identificados
Servizo de apoio para establecer novos acordos de colaboración, tanto no ámbito comercial, como loxístico ou operativo
RESULTADO:
Novos acordos de colaboración

OFERTA COMERCIAL:

As características da oferta comercial de onte non é a mesma que a de hoxe polo que é necesario adaptala. VigoImpulsa axúdate a estruturar a túa oferta e a deseñar o argumentario de vendas, así como a crear vídeo-titoriais de uso de produto/servizo

Servizo de asesoramento para deseñar e describir o argumentario de vendas que axude a comunicar e dar a coñecer as características, vantaxes e beneficios dos produtos/servizos da empresa
RESULTADO:
Argumentario de vendas
Servizo de asesoramento para adecuar as condicións de pago de clientes e facilitar así o acceso aos produtos/servizos nas condicións actuais
RESULTADO:
Novas condicións de pago aos clientes
Servizo de asesoramento para a reestruturar a oferta comercial facendo unha análise de que produtos/servizos teñen máis ou menos acollida entre os clientes
RESULTADO:
Nova oferta comercial definida
Servizo de apoio para crear vídeos-titoriais ou fichas de uso de produto/servizo como servizo complementario que ofrece a empresa e que facilita a toma de decisión de compra
RESULTADO:
Vídeo-titoriais ou fichas de uso produto/servizo creadas

PROMOCION ONLINE:

Se onte a promoción online era importante, agora o é máis polo que dende VigoImpulsa ofrecémoste un asesoramento para xerar contidos para campañas de promoción, mellorar a visibilidade web, aplicar estratexias de marketing en redes sociais ou apoio para adaptar o catálogo de produtos/servizos ao medio dixital

Servizo de asesoramento para xerar contidos para desenvolver campañas de promoción online
RESULTADO:
Xeración de contidos para campañas de promoción online
Servizo de asesoramento para conseguir mellorar a visibilidade da web onde se presentan os produtos/servizos
RESULTADO:
Páxina web máis visible
Servizo que asesora sobre como aplicar estratexias de marketing en redes sociais para aumentar a audiencia e converter a persoas interesadas en clientes potenciais
RESULTADO:
Aumento da presencia en redes sociais
Servizo de asesoramento para adaptar o catálogo de produtos/servizos actuais da empresa ao formato dixital, e conseguir así expandir as vendas
RESULTADO:
Catálogo de produtos/servizos adaptados ao medio dixital

COMERCIO ELECTRÓNICO:

Os cambios sociais que se están producindo fai que sexa moi importante incorporar o comercio electrónico á nosa actividade. VigoImpulsa asesórate para incorporar sistemas de recepción de pedidos de forma telemática e a incorporar produtos a plataformas e-commerce. Todo isto protexendo a confidencialidade da información e a dispoñibilidade e integridade dos datos que se manexan

Servizo de apoio á empresa para implantar sistemas que permitan a recepción e xestión de pedidos de forma telemática
RESULTADO:
Sistema de recepción e xestión de pedidos implantado
Servizo que asesora sobre como incorporar produtos a plataformas e-commerce e como seleccionar empresas de mensaxería
RESULTADO:
Incorporación a plataformas e-commerce
Servizo que asesora sobre como incorporar pasarelas de pago como servizo aos clientes
RESULTADO:
Pasarelas de pago incorporadas

VIRTUALIZACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO:

A forma de traballar cambiou e o teletraballo veu para quedarse polo que xorden novas necesidades para as cales hai que tomar medidas. VigoImpulsa asesórate para que poidas realizar unha análise da dedicación de tempo do persoal, así como apoio para implantar ferramentas de xestión colaborativa de proxectos ou de almacenamento documental con acceso en remoto. Ademais, tamén orientámoste para realizar comunicación por videoconferencias.

Servizo de orientación para incorporar un conxunto de medidas e procedementos para protexer a confidencialidade da información e a dispoñibilidade e integridade dos datos que manexa a empresa
RESULTADO:
Políticas de seguridade da información implantadas
Servizo onde a empresa recibe un asesoramento para que poida, dunha forma áxil, realizar unha análise da dedicación de tempo nas diferentes tipoloxía de tarefas (especialmente indicado para empresas que producen intanxibles)
RESULTADO:
Ferramenta de xestión da dedicación do tempo implantada
Servizo que facilita a xestión de proxectos e tarefas desenvolvidas na empresa de forma colaborativa
RESULTADO:
Ferramenta de xestión colaborativa de proxectos e tarefas implantada
Servizo no que se asesora para implantar ferramentas que facilitan o almacenamento documental con acceso en remoto e que permiten arquivar, modificar ou recuperar documentación e editala de forma colaborativa
RESULTADO:
Sistema de almacenamento e edición documental implantado

CADRO DE PERSOAL:

O novo escenario tamén afecta ao noso persoal polo que é necesario realizar unha planificación laboral e nalgunhas situacións, reconfigurar os postos. Ademais, VigoImpulsa date a oportunidade de desenvolver obradoiros motivacionais ou de competencias para a túa empresa

Servizo de asesoramento para desenvolver comunicacións de forma correcta e efectiva a través de videoconferencias: reunións de coordinación, presentación de proxectos, asistencia técnica, formación a clientes,...
RESULTADO:
Sistemas de comunicación por videoconferencia implantados
Servizo para identificar e definir as competencias clave necesarias para adaptarse á situación de crise actual, realizando unha planificación do cadro de persoal e unha reconfiguración de postos
RESULTADO:
Identificación de competencias clave
Impartición de obradoiros motivacionais para conseguir un equipo humano proactivo, comprometido e identificado coa empresa
RESULTADO:
Desenvolvemento obradoiro
Impartición de obradoiros que facilitan e melloran a xestión dos aspectos relativos cos clientes e o intercambio de valor que se xera con eles co obxectivo de xerar coñecemento e valor para o negocio
RESULTADO:
Desenvolvemento obradoiro
Impartición de obradoiros para potenciar as habilidades e coñecementos complementarios do persoal e que deben estar aliñados cun compromiso común
RESULTADO:
Desenvolvemento obradoiro

INICIATIVA FINANCIADA POR

Concellería de emprego Vigo Vertical Ministerio de Facenda FEDER