Castellano - Galego

VigoImpulsa

Servizo Vigo Impulsa:


Servizo para a reactivación económica e social de autónomos/as e micropemes do Concello de Vigo para atender tódalas cuestións que afectan directamente á súa actividade empresarial provocadas pola actual crise sanitaria e axudando a poñer en contacto a oferta e a demanda local.

Na procura de solucións inmediatas para encarar a situación de crise económica actual provocada polo Covid-19, desde a Concellería de Cultura, Emprego e Participación Cidadá impúlsase este servizo a fin de que facilite o desenvolvemento de accións de alto impacto e inmediatez e orientadas a obter resultados nun curto período de tempo, a fin de evitar ao máximo posible a destrución do emprego xerado polos emprendedores da cidade de Vigo, especialmente dirixido aos máis vulnerables que son as persoas autónomas e as micropemes.

A tal efecto ponse a dispor un servizo de asesoramento e formación multidisciplinar, para acadar os seguintes obxectivos:

ESTRATEXIA DUSI VIGO VERTICAL


As cidades desempeñan un papel fundamental como motores da economía, como lugares de conectividade, creatividade e innovación e como centros de servizos para os seus arredores, sendo tamén lugares onde se concentran problemas como o desemprego, a segregación e a pobreza.

Co fin de contribuír á consecución dos obxectivos da Estratexia Europa 2020, os Fondos Estruturais e de Investimento Europeos previron apoiar o Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (DUSI) que se desenvolve en cidades ou áreas funcionais urbanas de máis de 20.000 habitantes.

O Concello de Vigo leva tempo traballando para converter a cidade de Vigo nun lugar de progreso social, de atracción e motor de crecemento económico, de diálogo cultural e ambientalmente sustentable. Seguindo con esta liña de traballo, nace a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Vigo Vertical, cofinanciada con fondos FEDER.

A Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado "DUSI Vigo Vertical" ten como obxectivo principal impulsar a transformación en termos físicos, ambientais, económicos sociais e culturais, creando oportunidades de emprego e mellorando a contorna urbana.


Vigo Vertical

ESTA ESTRATEXIA PRESÉNTASE SOBRE CATRO OBXECTIVOS TEMÁTICOS

Inclusión social

Inclusion social e loita contra a pobreza

Acceso as TIC

Mellora do acceso, o uso e a calidade das TIC

Conservación

Conservación e proteccion do medio ambiente.
Promover a eficiencia dos recursos

Economía de baixo nivel de emisións

Economía de baixo nivel de emisión de carbono

INICIATIVA FINANCIADA POR

Concellería de emprego Vigo Vertical Ministerio de Facenda FEDER